Abre Quizá na tele
Smart TV, Fire TV Stick, Chromecast ou un mini PC. Emparéllase cun código de 6 letras.
Quizá pon preguntas sen parar nas teles de bares, salas de espera e concellos. Quen queira escanea o QR e xoga desde o móbil. Sabes a resposta? Quizá.
Smart TV, Fire TV Stick, Chromecast ou un mini PC. Emparéllase cun código de 6 letras.
Escollen un alcume e responden desde o móbil. Sen apps, sen rexistro, sen datos persoais.
Puntos por acertar e por rapidez, clasificación do día en pantalla e datos curiosos despois de cada pregunta.
Máis ambiente, máis tempo na mesa e un motivo para volver polo primeiro posto.
Mentres agardas a túa quenda ou co tinte e as mechas postos: o tempo pasa voando sen moverte da cadeira.
A espera faise curta. Modo sanitario: sen temas sensibles, de forma automática.
Adeus ao silencio incómodo da sala de espera. Co modo sanitario, sen temas delicados.
Entretén mentres agardas a vez e mestura preguntas con avisos útiles do servizo.
Mentres revisan o coche, os teus clientes xogan en vez de mirar o reloxo.
O que dura unha lavadora dá para unha partida enteira… e para volver pola revancha.
Mentres preparan o pedido, unhas cantas preguntas. A espera faise moito máis curta.
Temática infantil con preguntas fáciles, cores e moita animación.
Preguntas fáciles para xogar en grupo e exercitar a memoria coa tele da sala.
Entre partida e partida ou antes de que comece a película: máis ambiente e unha clasificación que engancha.
Entre clase e clase ou agardando as prácticas: aprender xogando tamén conta.
Pantallas que deixan de ser decorado e comezan a facer comunidade.
Cada empresa activa as temáticas que quere e cada pantalla pode ter as súas: infantil en pediatría e de todo na cafetaría. Ademais, engade as túas propias preguntas.
Xeografía, historia, ciencia, arte, gastronomía e curiosidades.
Animais, cores, contos e debuxos. Ideal para pediatría e colexios.
Películas, sagas, series e estrelas da pantalla.
Do pop ao flamenco, de Mozart a Rosalía.
Fútbol, tenis, motor, olimpíadas e grandes deportistas.
Preguntas sobre a túa vila, a túa marca ou o teu local. Unha a unha ou importadas desde unha folla de cálculo.
Cada pantalla xoga no seu idioma, con preguntas escritas para el. O móbil de cada xogador pode ir no seu.
Acende a tele, emparella a pantalla e deixa que a sala xogue.
Crear a miña contaSíguenos en Instagram · @quiza.tv